Sunday 28 de April de 2024

O número 5 acada un forte simbolismo no poemario de Ana Lojo Chan presentado na Pobra


Cinco estrofas por poema, vinte e cinco composicións, cinco sentidos… 5. Este é o título elixido por Ana Lojo Chan para o seu poemario; unha cifra que acada un forte simbolismo no mesmo. Trátase do segundo libro que presenta a autora na Pobra do Caramiñal tras Marea morta.

O Auditorio do Museo Valle-Inclán foi o espazo que acubillou o novo acto na tarde do 1 de marzo, onde tamén participaron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a escritora Marta Ojea.

Na súa intervención, a edil puxo de manifesto que “se hai un xénero literario que se caracteriza pola expresión dos sentimentos, ese é a poesía. Non é de estrañar, polo tanto, que sexan moitas as plumas que opten por plasmar o seu desasosego en forma de versos.” E, nesta obra, “constátase unha evolución dende a tristeza a pensamentos máis optimistas”, sinala a titular de Cultura, quen engade o significativo da presentación deste poemario ás portas do Día Mundial da Poesía, que se conmemora no 21 de marzo.